• Inicio
  • A Mostra
  • Actualidad
  • 'Don Gelati': Xeados de humor para unha tarde de sol

'Don Gelati': Xeados de humor para unha tarde de sol

A tarde do venres foi ideal para tomar un bo refrixerio. A temperatura era moi alta e, afortunadamente, ata os xardíns dos Sinais de Cangas achegouse onte un vendedor de xeados co seu carriño e con moitas ganas de sacar un sorriso. Ou centos deles. Durante varios minutos, Don Gelati sufriu todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño, que tivo que arranxar con enxeño e algo de maxia antes de que os seus xeados se derreteran. Don Gelati é unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe as palabras e a comunicación co público.

A compañía de Dani García nace no ano 2004. Na súa breve historia crea distintos pero variados espectáculos de pequeno formato como Maxiaterapia e Acción e outros de grande formato como Da’Kara ou Symbiosis. Dani García fórmase nas mais variadas ramas da interpretación e da escena para conseguir que as súas producións sexan obras de teatro máxicas, onde todo ten un porqué e unha lóxica que fai da do ilusionismo algo cotián.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA: Noparan.com

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.