As "Divinas Palabras" da Aula de Teatro de Universidade de Vigo

A Aula de Teatro do campus de Vigo da Universidade de Vigo protagonizou a representación da obra "Divinas Palabras". A obra, dirixida por Casilda Alfaro e Sonia Rúa, é un drama protagonizado por seres marxinais onde a avaricia e a luxuria desencadean a trama.
Teatro de Ningures organiza coa Universidade de Vigo a Mostra Internacional de Teatro Universitario nos campus de Vigo e Pontevedra: formación a través de obradoiros de teatro (canteira actores e actrices) e promoción a través das representacións que ano tras ano nos permiten gozar e aprender cos traballos das aulas teatrais das universidades de todo o mundo.





