Skip to main content

Nótase, síntese, o beige é incluinte! , de Miss Beige [GALERÍA]

Nótase, síntese, o beige é incluinte! é o título da performance que o sábado 5 de xullo protagonizou a artista Miss Beige entre Vigo e Cangas. Miss Beige é un proxecto multiforme, dirixido por Ana Esmith, que nace en resposta á carencia de heroínas femininas non sexualizadas nin cousificadas no imaxinario colectivo. 

Un nutrido grupo de persoas se uniron a esta artista multidisciplinar na estación de Vigo e, xunto con ela, colleron o barco para Cangas. Xa en terra, camiñaron até a Capela do Hospital non sen antes pasar polo Mercado de Abastos para interactuar coas peixeiras e outras persoas que había no lugar.

 

FaLang translation system by Faboba