"A beleza faranos libres", de Anómico Teatro [GALERÍA]

"A beleza faranos libres", da compañía Anómico Teatro, fálanos do amor cara á terra, da maxia das montañas, da tolemia consciente, da necesidade de crear memoria habitable e, por suposto, da beleza como horizonte de loita para escapar da voracidade do extractivismo e o autoexterminio.
Creada en 2011 para o desenvolvemento e investigación no ámbito das artes escénicas, Anómico Teatro é herdeira doutros proxectos teatrais e de arte de acción levados a cabo polo dramaturgo Julio Fernández.
A obra, coproducida pola Mostra, está interpretada por Deborah Vukusic e Xose Esperante.