![](/index.php/component/ajax/?p=image&src=WyJpbWFnZXNcL1RPUk5FT0RSQU1BVFVSWElBLTIuanBnIixbWyJkb1Jlc2l6ZSIsWzc2OCw1MTIsNzY4LDUxMl1dLFsiZG9Dcm9wIixbNzY4LDQzMiwwLDQwXV1dXQ%3D%3D&hash=0cd1ea04435e42fcce23599825789277 768w, /templates/yootheme/cache/TORNEODRAMATURXIA-2-f0c52738.jpeg 1024w, /index.php/component/ajax/?p=image&src=WyJpbWFnZXNcL1RPUk5FT0RSQU1BVFVSWElBLTIuanBnIixbWyJkb1Jlc2l6ZSIsWzEyODAsODUzLDEyODAsODUzXV0sWyJkb0Nyb3AiLFsxMjgwLDcyMCwwLDY2XV1dXQ%3D%3D&hash=fd87a38f367cddb98646151bd104733e 1280w, /index.php/component/ajax/?p=image&src=WyJpbWFnZXNcL1RPUk5FT0RSQU1BVFVSWElBLTIuanBnIixbWyJkb1Jlc2l6ZSIsWzEzNjUsOTEwLDEzNjUsOTEwXV0sWyJkb0Nyb3AiLFsxMzY2LDc2OCwwLDcxXV1dXQ%3D%3D&hash=23b8216c927e4f8180c97257603a6d61 1366w, /index.php/component/ajax/?p=image&src=WyJpbWFnZXNcL1RPUk5FT0RSQU1BVFVSWElBLTIuanBnIixbWyJkb1Jlc2l6ZSIsWzE1OTksMTA2NiwxNTk5LDEwNjZdXSxbImRvQ3JvcCIsWzE2MDAsOTAwLDAsODNdXV1d&hash=780a90b0acf7513dd1c8b4eb3d5aa1f6 1600w, /index.php/component/ajax/?p=image&src=WyJpbWFnZXNcL1RPUk5FT0RSQU1BVFVSWElBLTIuanBnIixbWyJkb1Jlc2l6ZSIsWzE5MjAsMTI4MCwxOTIwLDEyODBdXSxbImRvQ3JvcCIsWzE5MjAsMTA4MCwwLDEwMF1dXV0%3D&hash=37dcb6deab65f805eb2fbd5a2d6f7582 1920w, /index.php/component/ajax/?p=image&src=WyJpbWFnZXNcL1RPUk5FT0RSQU1BVFVSWElBLTIuanBnIixbWyJkb1Jlc2l6ZSIsWzIwMDAsMTMzMywyMDAwLDEzMzNdXSxbImRvQ3JvcCIsWzIwMDAsMTEyNSwwLDEwNF1dXV0%3D&hash=e8f7805dc8c3cbc23b11623120fc0d2e 2000w)
Diversión asegurada na sexta edición do torneo de dramaturxia
O Torneo de Dramaturxia de Galicia chega á súa sexta edición consolidándose como unha aposta firme da MITCFC para dar a coñecer a nosa dramaturxia, creando un vínculo directo entre autoras/es e público. Este proxecto, pioneiro en Galicia, conta coa imprescindible colaboración de DramaturGA, a primeira asociación profesional da dramaturxia galega. A Asociación Galega de Dramaturxia é a plataforma das autoras e autores dramáticos de Galicia. Naceu no ano 2015 coa intención de mellorar, defender e velar polas condicións laborais das profesionais do sector e visibilizar a dramaturxia galega. Así mesmo, promove actividades de formación, edición de pezas teatrais e xera espazos de encontro e debate procurando, sempre, novas fórmulas que incentiven a posta en escena das dramaturxias galegas.
Santiago Cortegoso, dramaturgo e un dos organizadores desta edición do Torneo, xunto con Esther F. Carrodeguas, fala deste evento como un “evento único de promoción da dramaturxia a nivel estatal. Este ano, hai un cambio importante de formato, xa que, por vez primeira, o combate celebrarase no escenario principal do Auditorio Municipal, o que supón “un salto cualitativo” que permitirá acoller moito máis público, explica Cortegoso. Segundo afirma, “cada ano fomos conseguindo máis espectadores e había que arriscar”.
A nivel creativo, Santiago Cortegoso pensa que estamos a vivir un “momento de explosión”, destacando que “hai moita xente nova e moitas mulleres que están axudando a consolidar unha esencia propia da dramaturxia a nivel artístico moi diverso”. Cortegoso considera que este progreso, para consolidarse, require dun cambio de mentalidade. “Debemos defender a creación”, afirma.
Motivos para asistir ao Torneo de Dramaturxia hai moitos, pero o principal é que se trata dun espectáculo “moi divertido”. Santiago Cortegoso explica que, ademais, é unha “oportunidade única de coñecer pezas teatrais de gran nivel escritas ex profeso para este evento”.
COMBATENTES 2022
Os dramaturgos e dramaturgas Laura Porto, Raquel Castro, Cándido Pazó e Antón Coucheiro son os que presentarán os seus textos nesta sexta edición do Torneo. Oito actores e actrices defenderán os seus textos: Casilda Alfaro, María Francelina, Salvador del Río, Antonio Durán "Morris", Andrés Giráldez, Avelino González, Nuria Gullón e Eva Vila. Un elenco de luxo para unha noite de feroz contenda dramatúrxica.