![](/index.php/component/ajax/?p=image&src=WyJpbWFnZXNcLzM5TU9TVFJBXC9PUG9yY29EZVBlQ2FiZWNlaXJhLmpwZyIsW1siZG9SZXNpemUiLFs3NjgsNTEyLDc2OCw1MTJdXSxbImRvQ3JvcCIsWzc2OCw0MzIsMCw0MF1dXV0%3D&hash=989f320fc502e6646a718697400036d5 768w, /templates/yootheme/cache/OPorcoDePeCabeceira-38c60a7d.jpeg 1024w, /index.php/component/ajax/?p=image&src=WyJpbWFnZXNcLzM5TU9TVFJBXC9PUG9yY29EZVBlQ2FiZWNlaXJhLmpwZyIsW1siZG9SZXNpemUiLFsxMjgwLDg1MywxMjgwLDg1M11dLFsiZG9Dcm9wIixbMTI4MCw3MjAsMCw2Nl1dXV0%3D&hash=74d459ab5e5d98069450e5f2046e544a 1280w)
'O porco de pé' substituirá o espectáculo de Bob Pop, suspendido por mor da COVID-19
A obra 'Los días ajenos de Bob Pop' tivo que ser suspendida por mor da COVID-19. O actor e escritor non poderá actuar nesta 39 Mostra de Cangas despois de dar positivo en coronavirus. A organización veuse na obriga de cancelar o espectáculo, programando, no seu lugar, a obra 'O porco de pé', dirixida por Quico Cadaval coa compañía Producións Teatrais Excéntricas.
Patricia Vázquez, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo son os actores que protagonizan este espectáculo versionado por Quico Cadaval e Pepe Sendón sobre a novela de Vicente Risco. O que presenta Excéntricas é un teatro de barracón, aquel que, na infancia, nos fascinaba e nos asustaba a partes iguais. Un farol mortizo, un chan de serrín, unha cortina vermella e, de súpeto, aparece o porco en elegante pose de equilibrista a sosterse sobre os pés, a finxirse un ser humano con tanta graza, que resulta imposible distinguilo.