Demo
  • MITCFC
  • Mulleres en acción
  • Programación xornadas

XX Xornadas Mulleres en acción

Difícil celebrar estes 20 anos nun contexto de pandemia que, sabemos, vai deixar atrás a moita xente, moi especialmente ás mulleres. 

20 anos, en medio dunha pandemia brutal que xa afecta negativamente ao conxunto das mulleres, ás traballadoras da cultura, tamén. Porque todas, escritoras, labregas, actrices, kellys, mestras, caixeiras, cineastas, mariscadoras, xornalistas, sanitarias ou cociñeiras, SOMOS COIDADORAS. Coidadoras a perpetuidade, cargamos ás nosas costas coa pesada mochila das tarefas domésticas. A conciliación non chegou ás nosas vidas e temos moitas papeletas para quedar relegadas de volta na “nova normalidade”. No confinamento e co teletraballo, as mulleres viron interrompidas as súas xornadas laborais con moita máis frecuencia que os homes. A razón sabémola todas.

A pesar de que as mulleres facemos os traballos máis precarios, de baixa remuneración e a tempo parcial, a destrución de emprego vainos afectar nunha porcentaxe moito máis alta que aos homes. A fenda laboral aberta contra nós vai crecer e pode sacarnos do mercado laboral. Pola experiencia das anteriores crises sabemos que as mulleres tardaremos máis en volver incorporarnos ao mercado laboral. 

Ese dito de que “Elas traballan, Eles lideran” podémolo aplicar a moitos sectores pero moi especialmente ao sanitario que aínda contando cunha porcentaxe de mulleres do 70%, a fenda salarial é unha realidade incontestable e a toma de decisións segue nas mans dos homes. Logo si:  ELAS TRABALLAN, ELES LIDERAN. 

20 anos despois, estamos onde estamos, vendo como os nosos dereitos poden retroceder, mesmo chegan a acusar ás movilizacións de mulleres de expandir males. En fin... 

A axenda de xénero prevista para os próximos anos vaise debilitar e en Mulleres en Acción apostamos por esixir, como mínimo, que se aplique a perspectiva de xénero ás medidas sociais e económicas que os nosos gobernos tomen para paliar esta crise, porque as que xa se tomaron, lamentablemente, carecen do imprescindible enfoque de xénero.

Celebraremos 20 anos de sororidade, de traballo constante e feliz a prol das mulleres, da igualdade, da paridade, da xustiza social a través da ideoloxía feminista, cunha equipaxe composta por todas las mulleres extraordinarias que nos acompañaron.

Non nos deixemos arrebatar o que tanto nos levou ACADAR. 

BENVIDAS a esta XX/20 edición.

Luz Beloso. Exposición

Luz Beloso. Exposición
Venres, 03 Xullo 2020 20:00
Vestíbulo Auditorio Municipal
Do 03 ao 18 de xullo

Tempo ao tempo

Tempo ao tempo
Mércores, 08 Xullo 2020 17:00
Sala de Exposicións Auditorio Municipal

Fenda laboral das profesionais das artes escénicas e audiovisuais: antes e despois da pandemia

Fenda laboral das profesionais das artes escénicas e audiovisuais: antes e despois da pandemia
Sábado, 11 Xullo 2020 11:30
Salón de Plenos do Concello de Cangas

Irmandiñas

Irmandiñas
Sábado, 11 Xullo 2020 18:30
Salón de Plenos do Concello de Cangas

Cómplices. A violencia machista institucional

Cómplices. A violencia machista institucional
Sábado, 11 Xullo 2020 19:15
Salón de Plenos do Concello de Cangas

As Boas Actrices

As Boas Actrices
3. Coproduce MITCFC
Venres, 17 Xullo 2020 20:30
Sábado, 18 Xullo 2020 20:30
Sala de Exposicións Auditorio Municipal

Premio Mulleres en Acción 2020

Premio Mulleres en Acción 2020
Sábado, 18 Xullo 2020 22:30
Auditorio Municipal