Skip to main content

Monográfico sobre Josefina Blanco Tejerina

Presentación monográfico
  • Venres, 19 Xuño, 19:30
    Libraría Wells
  • Compañía

    Foro Galicia e Valle-Inclán
  • Con

    Joaquín del Valle-Inclán Alsina
  • Procedencia

    Galiza
  • Público

    Todos
  • Duración

    45'

Foro Galicia e Valle-Inclán, é un proxecto de interese integrador, xurdido do empeño pola democratización da investigación e do coñecemento en col da biografía, a xenialidade e a obra literaria do escritor máis internacional de Galicia: Ramón María del Valle-Inclán. Ten a súa sede oficial no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.


Presentación dun novo número do boletín FORO GALICIA E VALLE-INCLÁN, publicación de Estudos sobre Ramón del Valle-Inclán, que dedica un monográfico á figura da actriz Josefina Blanco, sendo responsable da tradución ao galego Rocío Viéitez Ferro. Unha actividade que contará coa presenza do profesor e investigador Joaquín del Valle-Inclán Alsina. 

Josefina Blanco foi unha actriz que ocupou un lugar destacado na escena teatral española de finais do XIX e comezos do XX. O nome de Josefina Blanco -como o  de moitas mulleres na Historia- quedou difuminado polo éxito do quen foi o seu marido, Ramón María del Valle-Inclán. Ela foi fundamental para que a obra de Valle-Inclán chegara ata os nosos días. 

Unha muller avanzada e pioneira. Foi a primeira muller en divorciarse en España, nada máis aprobarse a lei no ano 1932, contando como avogada con Clara Campoamor.

Josefina Blanco volvería á vida teatral tras o seu divorcio, pero o seu regreso viuse truncado polo estalido da Guerra Civil.


FaLang translation system by Faboba