Skip to main content

XXV MULLERES EN ACCIÓN

2025, UN ANO ESPECIAL

Hai 25 anos a Mostra Internacional de Teatro de Cangas impulsou o proxecto Mulleres en Acción para axudar a sacar das tebras a tantas e tantas mulleres que contribuíron, lúcida e sobradamente, ás artes, á cultura e ao desenvolvemento da nosa sociedade. 

Hai 50 anos celebrouse o Ano Internacional da Muller e instaurouse o 8 de marzo de 1975 como Día Internacional da Muller. Así, a ONU, facíase eco do que viñan reclamando os movementos feministas e de mulleres dende os comezos do século XX (dereito ao voto, condicións de traballo dignas, igualdade entre os sexos, etc.) e recoñecía, de feito e de dereito, o principio de igualdade entre mulleres e homes.

Hai xa 30 anos da Declaración e Plataforma da Acción de Beijing. Plan que establece obxectivos e medidas estratéxicas para o progreso das mulleres e nenas en todo o mundo. Considerado o plan máis progresista da historia para promover os dereitos das mulleres.

Hai 63 anos a Real Academia Galega instaurou o Día das Letras Galegas para recoñecer ás persoas autoras dunha obra relevante en galego e que fosen merecedoras de ser propostas como exemplo para a sociedade galega. Pero o certo é que, en 62 anos, só SEIS mulleres “mereceron” tal distinción. Neste 2025, a RAG dedicará as Letras Galegas ás cantareiras, merecidísimo recoñecemento que se personifica en SETE mulleres.

Moitos anos antes de que existisen as actuais leis autonómicas e estatais de igualdade, Mulleres en Acción implantou a paridade na programación da MITCFC con espectáculos escritos, dirixidos, interpretados, iluminados ou coreografiados por mulleres. Este feito converteu á Mostra de Teatro de Cangas no primeiro e único festival de Europa en aplicar a paridade. 

Celebraremos este 25 aniversario rendendo homenaxe ás pandeireteiras e cantareiras, esas mulleres imprescindibles ás que a RAG, felizmente, vai  dedicar as Letras Galegas 2025. 

Nós, coma sempre, seguimos programando en paridade, abríndo espazos para que as mulleres exhiban o seu traballo e debatan sobre os retos que este novo/vello mundo nos presenta, un mundo no que voces desafinadas semellan querer mergullarnos de volta nas tebras e fora da Historia. 

Non o imos consentir, porque somos Mulleres en Acción, conscientes da nosa historia, dos agravios pero, tamén, da nosa aportación á cultura, á historia dos nosos países, á sociedade e, por riba de todo, conscientes de nós mesmas,  feministas, ecoloxistas e radicalmente pacifistas.

Premio Mulleres en Acción 2025

Premio Mulleres en Acción 2025
Mercedes Peón
Domingo, 22 Xuño 2025 21:00
Auditorio Municipal

As Fillas Bravas de Momán

As Fillas Bravas de Momán
Patricia de Lorenzo do Grupo Chévere
Martes, 24 Xuño 2025 18:00
Salón de Plenos Concello de Cangas

Galegas na música

Galegas na música
Isabel Blanco
Martes, 24 Xuño 2025 18:30
SALÓN DE PLENOS CONCELLO DE CANGAS

Somos pandeireteiras

Somos pandeireteiras
Mercedes Peón
Martes, 24 Xuño 2025 19:00
SALÓN DE PLENOS CONCELLO DE CANGAS

Igualdade laboral nas artes escénicas e audiovisuais: eivas e avances

Igualdade laboral nas artes escénicas e audiovisuais: eivas e avances
Asociacións sector escénico e audiovisual
Mércores, 25 Xuño 2025 17:30
SALÓN DE PLENOS CONCELLO DE CANGAS

Artistas en Acción

Artistas en Acción
Artistas en acción
Venres, 27 Xuño 2025 19:00
CAPELA DO HOSPITAL

As pandeireteiras de ADICAM

As pandeireteiras de ADICAM
Pandeireteiras ADICAM
Venres, 04 Xullo 2025 21:30
ENTRADA AUDITORIO MUNICIPAL

Lola, Lolita, Lolaza

Lola, Lolita, Lolaza
Mabel Lozano
Martes, 28 Outubro 2025 20:00
Auditorio Municipal

FaLang translation system by Faboba