Espazos e localizacións
Auditorio Municipal
Este espazo cultural inaugurouse o 18 de outubro de 2001, converténdose desde entón no escenario e elemento dinamizador por excelencia da actividade cultural do municipio, exercendo unha grande repercusión sobre os concellos limítrofes, Moaña e Bueu, o que supón, unha área de influencia de máis de 60.000 persoas, incluíndo os 25.000 habitantes do Concello de Cangas.
O edificio, deseñado polo arquitecto Alfredo Freixedo, é unha construción moderna coas capacidades e características técnicas que o sitúan entre os auditorios máis emblemáticos de Galiza.
Sala - teatro
Gran sala de representación con cabida para 690 espectadores.
Conta con 402 butacas en platea distribuídas en 13 filas de 32 butacas cada unha, o que se traduce na proximidade idónea entre público e escena.
O anfiteatro e os palcos contan cun total de 288 butacas.
O escenario ten 17 x 17 metros de embocadura, 19 metros de fondo e 16 metros de altura. Conta coa correspondente tremoia consistente nunha cámara negra formada por patas a ambos laterais, bambolinas e foro.
Plano de distribución de Butacas: Plano (96 KB)
A capacidade da sala xunto ás dimensións do escenario e á súa excelente acústica, fan do conxunto un lugar privilexiado para gozar do teatro, a música e a danza.
Equipamento Técnico
Dotación escénica do auditorio municipal de Cangas:
- Cámara negra.
- Telón negro de fondo de 7 x 14 metros con abertura en medio
- 5 Pares de patas laterais de 7 X 2,5 metros cada unha
- 4 Bambolinas de 3 X 10 metros
- Telón de boca
Estrutura:
Estrutura escénica soportada por 4 motores de 500 Kg cada un (marca Hitachi) formada por un rectángulo trust cuadrangular Prolyte x30v de 6 X 10 metros con duas varas mobiles de trust triangular Prolyte x30d de 10 metros cada unha. Asi mesmo dispon dunha vara colocada nunha troneira sobre o patio de butacas para a luz frontal.
Equipo de iluminacion:
- 20 Proxectores PC ldr-aria 1000 w., con palas.
- 6 Proxectores PC Aria 2000w., con palas.
- 5 Recortes Selecom Pacific 1000 w. 14-35.
- 4 Recortes Selecom Pacific 1000 w. 25-50. 2 Recortes ETC 750w. 25-50.
- 12 Proxectores tipo par-64. Lente nº5.
- 12 Proxectores asimetricos 1000w.
- 48 Canais de Dimmer. Strong. 3000 w por canal con splitter.
- Mesa de control de iluminacion LT HYDRA Scan Standard, con 250 canles.
- 12 Mangueiras multiconectoras movibles repartidas pola estrutura, de 7 canles cada unha cun total de 84 circuitos dispoñibles.
Equipo de son:
- Mesa de son: SOUNDTRACS TOPAZ 14-4, con 10 canles mono e 2 canles estereo.
- 2 Caixas de son ESCENIC de 350w (RMS).
- 2 Monitores de son ESCENIC de 100w (RMS).
- 3 Microfonos con soporte.
- 1 Reprodutor de CD.