'Divinas palabras revolution', potente posta en escea do Centro Dramático Galego

O Centro Dramático Galego (CDG), con máis de 30 anos de historia ás súas costa, sorprendeu o venres pola noite na súa actuación na xornada inaugural da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. A potentísima posta en escena do 'Divinas palabras revolutión', e a interpretación dun elenco entregado non deixaron a ninguén indiferente. Enriba do escenario puidemos ver a Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos e Tomé Viéitez. Baixo a dirección de Xron, a obra de teatro conta a historia de nove persoas pechadas nun programa de telerrealidade que viven inconscientes o cru e duro retablo de avaricia, luxuria e morte que Valle Inclán construíu para as súas Divinas Palabras.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes: