"A Panadaría", Premio Xiria ao Labor Teatral [GALERÍA]

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas – MITCFC, concedeu o Premio Xiria ao Labor Teatral 2025 á Compañía de Teatro A Panadaría. O galardón foi entregado "en recoñecemento ao seu talentoso labor en “amasar” un teatro innovador e esixente, tanto para as actrices como para un público que debe estar en permanente contacto co seu trepidante ritmo escénico para poder imaxinar e completar así, aquilo que está no escenario pero non se ve".
Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman son as tres almas máter da Panadaría.