Chévere interpreta "As fillas bravas de Momán" [GALERÍA]

"As fillas bravas de Momán" é un espectáculo do Grupo Chévere adaptado á lingua de signos e conta con dúas intérpretes en escena para convidar a toda a comunidade xorda a gozar da festa. Trátase dunha peza que xa leva máis de dez anos espallando por todo o país as voces das cantareiras e a poesía popular.
Chévere é unha compañía de axitación teatral con máis de 35 anos de traballo ao lombo, que soubo manter con naturalidade unha proposta escénica tan irreverente como xenuína. En 2014 recibiu o Premio Nacional de Teatro, polo seu compromiso social e cultural e pola súa coherente traxectoria de creación colectiva, transgresión de xéneros e conexión crítica coa realidade.
En escena: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar.