Skip to main content

Artistas en Acción [GALERÍA]

Cinco artistas que, ao longo destes anos, expuxeron individualmente a súa obra no marco de Mulleres en Acción, xúntanse para celebrar este 25 aniversario nunha exposición colectiva na que exhiben parte das súas últimas obras.

LORETO BLANCO SALGUEIRO. Licenciada e doutorada en Belas Artes pola Universidade do Pais Vasco, onde impartíu docencia en Pintura 1989/1991. Desde 1992 é profesora na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Como pintora realizou máis de 20 exposicións individuais e numerosas colectivas, dentro e fora de Galicia. Entende e practica a arte como ferramenta para o despertar da conciencia e para a transformación do ser, espiritual e terapéutico. 

ANDREA COSTAS LAGO. Artista visual e fotógrafa. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. A súa obra abarca disciplinas como videocreación, instalación,  performance e fotografía. A súa persoal narrativa adoita tratar temas universais e cotiás. Os seus últimos traballos, ainda que intimistas, potencian o carácter feminista e reivindicativo presente en toda á súa obra a través do contexto da maternidade.

MARÍA X FERNÁNDEZ. Artista visual. A súa obra móvese entre os límites ambiguos de diferentes medios: escultura, obxecto intervido, debuxo, pintura e instalación. Caracterizadas pola liberdade e a constante experimentación, as súas composicións xiran arredor de conceptos relacionados co ser humano, o tempo, a resonancia, a memoria e o azar. O resultado é unha serie de obras conectadas entre a abstracción lírica e o conceptualismo.

MARÍA MAZÁS LATA (A Coruña, 1960-2017) Artista plástica e deseñadora de chapeus. Como deseñadora traballou no mundo da moda, estilismo en pasarelas internacionais e en diversas obras de danza e teatro. Como pintora abordou a caligrafía, o óleo, o collage e a escultura. Realizou máis de trinta exposicións en Venecia, Friburgo, Roma, París, Barcelona, A Coruña e Cangas. A súa derradeira obra é un conxunto escultórico que denominou Poemario Atlántico. 

ROSA NEUTRO. Artista visual, fotógrafa e deseñadora. Desde 2013 mantén unha traxectoria expoñendo dentro e fora de Galicia. Actualmente está representada como artista pola Galería Matria de Milán. A súa obra relacionase coa construción da identidade, os clixés femininos e as contradicións da muller-artista-nai e as súas dificultades para definirse e ter unha presenza significativa no mundo. Para o que se serve da combinación das técnicas da fotografía, a fotomontaxe, a instalación e o textual.

 
FaLang translation system by Faboba