Skip to main content

Suspendidos os eventos protagonizados por Laura Herts

A organización da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas vese na obriga de suspender os eventos que se ían celebrar na XXXII MITCF a cargo da artista estadounidense Laura Herts, o obradoiro O pallaso médico e o espectáculo "A WON WOMAN SHOW", debido a problemas de saúde que obrigan á hospitalización da artista.

O espectáculo substituirase por outro de carácter internacional, "MONSIEUR ET MADAME O", a cargo da compañía francesa MMO, especializada en teatro físico e xestual. 

O espectáculo "MONSIEUR ET MADAME O" ven avalado pola crítica internacional e conta cos seguintes premios:

  • Premio do Público da Tournée Oceane.
  • Premio do festival de humor de Longjumeau (Francia)

 

FaLang translation system by Faboba