Skip to main content

Teatro Guirigai representa 'Libro de buen amor'

Teatro Guirigai Chega leva aos escenarios unha versión coral do libro do Arcipreste de Hita. Unha comedia de Agustín Iglesias para celebrar a vida. A obra 'Libro de buen amor' mostra á comparsa do Arcipreste celebrando a procesión da Virxe e a fertilidade da terra. Xograresas e xograres anuncian os praceres do Bo Amor e o bo humor tan necesarios para as artes da sedución. Diante do público representan a xuventude inexperta do Arcipreste namorado de cristiás, moras e xudeas; os alegres consellos de don Amor e dona Venus; as historias dos amantes preguiceiros; a historia de Pitas Payas; os amores de don Melón e dona Endrina; a astucia de Trotaconventos; o combate entre don Carnal e dona Cuaresma… A Comparsa despídese ata a romaría seguinte celebrando a Morte Alegre de Trotaconventos. 

Estas son algunhas das fotografías da representación en Cangas:

FaLang translation system by Faboba