• Inicio
  • Novas
  • Inscrición para os obradoiros de Miss Beige e Cristina Samaniego

Inscrición para os obradoiros de Miss Beige e Cristina Samaniego

  • Clara Castilla
O luns 13 de xuño, ás 00:00 horas, comeza o prazo de inscrición para asistir aos obradoiros que se van impartir este ano na 39 Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Os obradoiros son 'Salón de Refusés', de Ana Esmith (Miss Beige), e 'Facer visible o invisible', de Cristina Samaniego. En ambos os dous casos, o prazo para anotarse remata o xoves 23 de xuño, ás 14 horas. A continuación, ofrecemos todos os datos destas dúas actividades e contámosvos como podedes inscribirvos. 
 
SALÓN DES REFUSÉS
IMPARTE: Ana Esmith
DIRIXIDO A: Artistas, actrices, actores, directoras/es e calquera que utilice a súa persoa no proceso creativo.
NÚMERO: 10 persoas e 2 oíntes.
ADMISIÓN: Por orde de inscrición. Terán preferencia os que non asistiron ao curso de 2021.
LUGAR: Capela do Hospital, Cangas.
HORARIO: Luns, 04 Xullo, 16:00 | Martes, 05 Xullo, 16:00 | Mércores, 06 Xullo, 16:00
DURACIÓN: 15 horas
PREZO MATRÍCULA: 70€
Este Salón dos Rexeitados abrirá ao público o mércores 6 de xullo ás 21:00H

Esta é a ligazón para inscribirse e o código QR deste obradoiro: 
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfjyPkP0Mxy6j3wiXBEqI8mc_8V7dozU7hkBY7ANPFQS5m1aQ/viewform

FACER VISIBLE O INVISIBLE. UN CAMIÑO DE CREACIÓN
IMPARTE: Cristina Samaniego
DIRIXIDO A: Artistas, actrices, actores, directoras/es  ou con relación coas artes escénicas.
LUGAR: Sala de Exposicións do Auditorio Municipal.

HORARIO: Do 6 ao 9 de Xullo, de 10:00 a 14:00 horas
DURACIÓN: 16 Horas
PREZO MATRÍCULA: 70€
NÚMERO: 15 persoas
ADMISIÓN: por orde de inscrición. Teráse en conta a relación coas Artes Escénicas d@s solicitantes.


Esta é a ligazón para inscribirse e o código QR deste obradoiro: 
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScvebIIKB0f3jxX07TpDoN5d2NEY7XqTwf2_3n1MCZwc_CuDQ/viewform 

Para os dous obradoiros, unha vez rematado o prazo de inscrición comunicarase a listaxe de admitid@s e a matrícula será efectiva logo de realizar o pago mediante transferencia bancaria do 25 ao 30 de xuño.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.