Skip to main content

Entradas

VENDA DE LOCALIDADES

www.mostrateatrocangas.gal (Sen gastos de xestión para o público).
Recoméndase e prégase a compra online de localidades (sen gastos nin comisións), por comodidade para o público e para axilizar a entrada ao Auditorio.

VENDA DE ABONOS

Mercar abono

Do 10 ao 31 de maio.
PREZO DO ABONO: 80€.

Están incluidos no abono os seguintes espectáculos:

  • 22 de xuño. LA REINA BRAVA de LAS NIÑAS DE CÁDIZ.
  • 24 de xuño. IX TORNEO GALEGO DE DRAMATURXIA.
  • 26 de xuño. ÓSMOSE de MERCEDES PEÓN.
  • 27 de xuño. TODOS LOS ÁNGELES ALZARON EL VUELO de LA ZARANDA.
  • 28 de xuño. BARBADOS EN 2022 de TEATRO KAMIKAZE.
  • 29 de xuño. LUBBERT de INDA PEREDA.
  • 03 de xullo. A BELEZA FARANOS LIBRES de ANÓMICO TEATRO.
  • 04 de xullo. AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN de CHÉVERE PRODUCIÓNS SL.
  • 05 de xullo. JULIO CÉSAR de CÍA. DO CHAPITÔ.
  • 06 de xullo. AS GARDIÁS de TEATRO DE NINGURES.

A adquisición do abono conta coas seguintes vantaxes:

  • Entradas para 10 espectáculos programados na Sala – Teatro do Auditorio.
  • Desconto de 15€ sobre o importe da suma das 10 entradas.
  • A adquisición do abono garante a entrada sen colas no despacho de billetes para os
  • espectáculos incluídos no abono.
  • Permite elixir as butacas mellor situadas. A persoa beneficiaria do abono disporá da mesma butaca durante toda a MITCFC (Agás o día 24 de xuño, Torneo de Dramaturxia).

*Non están incluídos no abono os demais espectáculos programados.

VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS

Mercar entradas

Do 3 de xuño ata  o inicio do espectáculo (Sen gastos de xestión para o público).

VENDA NO DESPACHO DE BILLETES DO AUDITORIO

2 horas antes do comezo da función.
Aviso: Póñense á venda as entradas sobrantes, se as houbera, da venda anticipada.

PREZOS DAS ENTRADAS

Prezo dos espectáculos programados na SALA – TEATRO DO AUDITORIO: 10€.

Agás os espectáculos: 

  • 24 de xullo. VIII TORNEO GALEGO DE DRAMATURXIA.(5€).
  • 30 de xullo. ESCOLA DE TEATRO DE CANGAS .(5€).

Prezo dos espectáculos programados na SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO: 5€.

  • 26 de xuño. VENTO METAL de TRIFÁSICO TEATRO.
  • 27 de xuño. O ÚLTIMO HOME  de MANOLO CORTÉS.
  • 28 de xuño. DESDE CACHORRO de SABATINO CACHO PALMA.
  • 04 de xullo. O ESPÍRITU DE VANIA de MACHI SALGADO.

Prezo dos espectáculos programados na CAPELA DO HOSPITAL: 5€

  • 25 de xuño. MELÓN PELADO de BUTACA ZERO 

Prezo dos espectáculos programados na rúa e outros espazos alternativos: 1€. 

As entradas se porán a venda no propio espazo no momento previo ao comezo de cada espectáculo.

Espazo adherido ao Carné Xove (30% de desconto, agás a venda de abonos).

A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS SIGNIFICA A ACEPTACIÓN DAS SEGUINTES CONDICIÓNS: 
  • A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais polo que, neste caso, declínase toda a responsabilidade e non se permite o acceso ao recinto das persoas que presenten unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación.
  • Non se admiten cambios ou devolucións.
  • Prégase máxima puntualidade. É potestade da organización permitir ou non a entrada ao recinto unha vez comezado o espectáculo.
  • Resérvase o dereito de admisión.
  • Quedan reservados os dereitos de imaxe e propiedade intelectual do espectáculo, non podendo as persoas do público introducir cámaras fotográficas, vídeo ou gravadoras, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización da organización.
  • Prégase desconectar calquera tipo de aparello electrónico e silenciar as alarmas dos reloxos e os teléfonos móbiles.
  • O público da Mostra ten un servizo de venda de localidades exclusivo, SEN GASTOS de xestión pola compra anticipada de localidades.

Colabore coa MITCFC mercando a súa entrada anticipadamente.

COMPRA EN LIÑA

FaLang translation system by Faboba