Demo

Taquilla

Recoméndase e prégase a compra online de localidades (sen gastos), por comodidade para o público e para axilizar a entrada ao Auditorio.

Desaconséllase a compra de localidades no Despacho de Billetes do Auditorio, a venda no propio auditorio realizarase cumprindo a normativa en seguridade e distanciamento social vixente na data da función.

Na presente edición da MITCFC debido á redución de aforo, non se ofertan abonos para todos os espectáculos.

Seguindo a normativa vixente,  o acceso aos espectáculos programados durante a MITCFC nas rúas e prazas terá un aforo limitado, polo que será necesario a retirada da entrada previamente ao comezo da función. 

1.- VENDA ANTICIPADA (SEN GASTOS DE XESTIÓN PARA O PÚBLICO) PARA OS ESPECTÁCULOS DO AUDITORIO, RÚA E SALA DE EXPOSICIÓNS:

Do 24 de xuño ata 15 minutos antes do inicio do espectáculo. 

(Agás o espectáculo do domingo 12 de xullo, ese día rematará a venda ás 18:30 horas). 

Tel.: 902 504 500

2.- VENDA NO DESPACHO DE BILLETES DO AUDITORIO:

ESPECTÁCULOS DO AUDITORIO

Dúas horas antes do comezo de cada función. De 20:30h a 22:30h.

Póñense a venda as entradas sobrantes, se as houbera, da venda anticipada.

ESPECTÁCULOS DE RÚA E SALA DE EXPOSICIÓNS

Venda anticipada e para o mesmo día:

A partir do LUNS 6 de xullo.  De 11.00h a 13.00h e de 19:30h a 20:30h.

(Agás o espectáculo do domingo 12 de xullo, por ser o auditorio colexio electoral, a venda de entradas físicas realizarase na Casa da Xuventude, de 19.30h a 20.30h).

3.- Todos os espectáculos programados no auditorio desde o venres 10 de ao sábado 18 de xullo no horario de  22:30h terán un prezo de 8€

O espectáculo programado na sala de exposicións terán un prezo de 5€

Os espectáculos programados nas rúas e prazas terán un valor simbólico de 1€, e será preciso dispoñer da entrada con anterioridade ao comezo da función. 

4.- A  ADQUISICIÓN DESTAS ENTRADAS SIGNIFICA A ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS SEGUINTES:

  1. O organizador non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais polo que, neste caso, declínase toda a responsabilidade e non se permite o acceso ao recinto a todo portador dunha entrada enmendada, rota ou con indicios de falsificación.
  2. Non se admiten cambios ou devolucións.
  3. Prégase máxima puntualidade. É potestade da organización permitir ou non a entrada ao recinto unha vez comezado o espectáculo.
  4. Resérvase o dereito de admisión.
  5. Quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual do espectáculo, non podendo o portador da entrada introducir cámaras fotográficas, de vídeo ou grabadoras, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización do organizador.
  6. Prégase desconectar calquera tipo de aparello electrónico e silenciar as alarmas dos reloxos e os teléfonos móbiles.
  7. É obrigatorio o uso de máscara en todos os espectáculos, tanto no auditorio como na rúa, tal e como esixe a normativa en seguridade e distanciamento social vixente.

“O publico da Mostra ten un servizo de venda de localidades exclusivo, SEN GASTOS  de xestión pola compra anticipada de localidades”.

Colabore coa MOSTRA mercando a súa entrada anticipadamente!

A MITCFC seguirá os protocolos de actuación e as directrices que marquen as autoridades sanitarios competentes.