• Inicio

'A lingua na boca', un espectáculo sobre Castelao e a lingua galega

  • Clara Castilla

A 'Lingua na boca' é unha homenaxe a Castelao e á lingua galega. Un espectáculo no que converxen as súas letras riscos e pensamentos. Unha obra cómica, poética e musical sobre a figura do polifacético Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. 'A Lingua na Boca' é un proxecto deseñado para a Deputación de Pontevedra con motivo da celebración do Ano Castelao. Un espectáculo sobre o home, sobre o debuxante, sobre o médico, sobre o político, sobre o escritor. Un espectáculo sobre Galicia e a súa lingua. Dicía Castelao: "Se aínda somos galegos é por obra e graza da lingua".

A obra é da compañía galega Limiar, que significa límite, fronteira. Por iso, a compañía móvese nas fronteiras artísticas, xeográficas e persoais. Limiar trata de integrar diferentes disciplinas como teatro, danza, música, teatro de obxectos, cociña ou artes plásticas. Tentan quebrar fronteiras xeográficas con coproducións e xiras fòra de Galicia. De feito, das súas 7 producións, 6 foron estreadas fóra do noso territorio. Ademais, os seus equipos están integrados por profesionais de España, Francia, Rusia, Brasil e Portugal.

Fran Núñez é o autor, director e un dos intérpretes, xunto con Brais Iriarte, deste fermoso espectáculo. 

 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.