Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

  • MITCFC
  • Novas
  • Normas obritagorias para o público desta XXXVII Mostra

Normas obritagorias para o público desta XXXVII Mostra

O acceso aos espectáculos desta XXXVII Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, por mor da pandemia do coronavirus, vai ter que levarse a cabo seguindo unha serie de normas e restriccións de obrigado cumprimento. En primeiro lugar, é obrigatorio o uso da máscara en todos os espectáculos que se celebren no Auditorio. Haberá que levar este accesorio durante todo o tempo que se permaneza dentro das instalacións. Segundo se recolle no artigo 6 do Real Decreto 21/2020, do pasado 9 de xuño, restrínxese o acceso ao Auditorio a todas aquelas persoas que presenten algún síntoma compatible coa Covid-19: febre, tos, dificultade respiratoria,...

Non se permite o uso da máscara con filtro. Estas máscaras con válvula non impiden o contaxio do coronavirus a outras persoas, xa que, precisamente, a válvula facilita a saída da respiración sen ningún tipo de impedimento.   

O público será advertido destas e doutras recomendacións a través da megafonía do recinto.

Aquelas persoas que estiveron en contacto estreito con unha persoa que sexa caso confirmado, nos 14 días previos ao espectáculo, non poderán acceder aos espectáculos da Mostra.

Ademais, os nenos menores de 6 anos non poderán asistir aos espectáculos que se leven a cabo no interior do Auditorio. Este público infantil si poderá ver as actuacións que se celebren ao aire libre. A organización lembra que este ano non hai entradas de balde para ningún espectáculo. O acceso ás obras, de dentro de de fóra do Auditorio, debe facerse presentando unha entrada, xa que é o único xeito de controlar os aforos de todos os espazos. Tedes toda a información sobre o procedemento da compra de entradas para os diferentes espectáculos neste enlace

AFORO

A organización da Mostra decidiu limitar o aforo dos espectáculos no Auditorio a un 50%. Aínda que a lei permitiría que fose dun 75%, os organizadores preferiron extremar as precaucións para, deste xeito, poder garantir unha maior seguridade e o distanciamento entre os asentos. Deste xeito, nas obras no interior do Auditorio haberá sempre un sitio libre entre unha persoa e a seguinte, mesmo cando sexan da mesma familia ou convivintes.

Para entrar e saír do Auditorio, habilitaranse 3 filas. Desta maneira, evitaranse as aglomeracións. Na entrada, así como noutros puntos do Auditorio, haberá dispensadores de xel hidroalcólico para uso do público.

LIMPEZA E DESINFECCIÓN

Unha empresa especializada certificará a limpeza e desinfección dos espazos usados no Auditorio e na rúa, antes e despois de cada espectáculo. 

A entrada aos baños do Auditorio deberá facerse tamén seguindo unhas normas. Dous empregados vixiarán na porta dos baños de mulleres e homes, respectivamente, para que non haxa nunca dentro máis de tres persoas. Tamén estarán pendentes de que todas e todos desinfecten as mans antes de entrar. Os baños recibirán unha limpeza e definfección exhaustiva antes, durante e despois de cada obra.