Recoméndase e prégase a compra online de localidades (sen gastos nin comisións), por comodidade para o público e para axilizar a entrada ao Auditorio.
Desaconséllase a compra de localidades no Despacho de Billetes do Auditorio, a venda no propio auditorio realizarase cumprindo a normativa en seguridade e distanciasocial vixente na data da función.
A adquisición do abono conta coas seguintes vantaxes:
Entradas para 10 espectáculos programados na Sala – Teatro do Auditorio e no Polideportivo de Romarigo.
Desconto de 10€ sobre o importe da suma das 10 entradas.
Non están incluídos no abono os demais espectáculos.
Garante a entrada sen colas no despacho de billetes para os espectáculos incluídos no abono.
Permite elixir as butacas mellor situadas, a persoa beneficiaria do abono disporá da mesma butaca durante toda a MITCFC. Agás o espectáculo PAXAROS NO CABO de PISTACATRO, 1 de xullo (Entrada sen numerar no Pavillón de Romarigo).
VENDA ANTICIPADA
Do 11 de xuño ata 15 minutos antes do inicio do espectáculo.
Aviso: Póñense a venda as entradas sobrantes, se as houbera, da venda anticipada.
PREZOS DAS ENTRADAS
Os espectáculos programados no AUDITORIO e POLIDEPORTIVO DE ROMARIGO terán un prezo de 8€, agás os espectáculos: ENTRE FUSCO E LUSCOda ESCOLA DE TEATRO DE CANGAS (27 de xuño) e VI TORNEO DE DRAMATURXIA (5 de xullo), que terán un prezo de 5€.
O espectáculo HISTRIÓNICA de Mónica Sueiro (2 de xullo), programado na SALA DE EXPOSICIÓN do Auditorio, terá un prezo de 5€.
AADQUISICIÓN DE ENTRADAS SIGNIFICA A ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS SEGUINTES
A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais polo que, neste caso, declínase toda a responsabilidade e non se permite o acceso ao recinto das persoas que presenten unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación.
Non se admiten cambios ou devolucións.
Prégase máxima puntualidade. É potestade da organización permitir ou non a entrada ao recinto unha vez comezado o espectáculo.
Resérvase o dereito de admisión.
Quedan reservados os dereitos de imaxe e propiedade intelectual do espectáculo, non podendo as persoas do público introducir cámaras fotográficas, vídeo ou gravadoras, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización da organización.
Prégase desconectar calquera tipo de aparello electrónico e silenciar as alarmas dos reloxos e os teléfonos móbiles.
“O publico da Mostra ten un servizo de venda de localidades exclusivo, SEN GASTOSde xestión pola compra anticipada de localidades”.
Colabore coa MITCFC mercando a súa entrada anticipadamente!
A MITCFC seguirá os protocolos de actuación e as directrices que marquen as autoridades sanitarias competentes.