Vanitas

Venres, 16 Xuño 2023 19:00
Sala de exposicións Auditorio Municipal
  • Procedencia: Galicia
  • Autoría: María X Fernández
  • Tipo: Exposición
  • Destinado a: Público familiar

Exposición de obra recente de María X Fernández. O núcleo da mostra está constituído por traballos realizados con libros e enciclopedias nos que as intervencións se desenvolven en diálogo cos textos e as imaxes. A serie principal titúlase "Historioporosis", é unha reflexión sobre a Historia e o seu relato sesgado constituído en grande medida polo relato da forxa de imperios, "gloriosas" conquistas cargadas de narcisismo, psicopatía, avaricia e testosterona”.

Artista e investigadora, María X. Fernández desenvolve o seu traballo dende unha liberdade radical, deixándose levar en cada proxecto por unha intuición innata que a guía no seu proceso experimental e lúdico determinante da forma definitiva da obra, medrando de xeito orgánico. Busca novas formas de visión máis alá do aprendido e rachar coas fronteiras da linguaxe expresiva. Logra así a interconexión da linguaxe visual e conceptual, depurada có paso do tempo cunha evolución dirixida cara as instalacións nas que utiliza lentes e proxeccións de lentes, luces e sombras.

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.