Colectivo galego formado por Xosel Díez (Artista audiovisual e Enxeñeiro) e Helena Varela (Actriz, distribuidora e productora). Dende o ano 2015 emprenden un camiño de investigación arredor das artes visuais e teatrais. O colectivo combina tecnoloxía punteira cun acabado artesanal propio onde os obxectos, títeres e formas animadas cobran vida a través dun dispositivo escénico e humano que marca súa maneira de facer. Tolo, o cuarto espectáculo da compañía, é unha coprodución de Cinema Sticado e Tíyatro Eksen co Centro Dramático Galego e o Teatro Municipal de Maltepe (Estambul).
Un funcionario de última fila do goberno ucraniano, Aksenti Ivanovich Poprishchin, vive o seu día a día entre a rutina do seu insignificante traballo e os seu desexos de querer máis, ata rematar crendo ser o Rei de España. Frustracións que derivan en alucinacións. Prepárate para presenciar o seu escorregamento gradual cara a loucura.
2022: Premio especial do xurado no Festival Internacional de Maltepe (Estambul).