Premio Mulleres en Acción 2023

Sábado, 08 Xullo 2023 22:30
Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela
  • Procedencia: Euskadi
  • Tipo: Presentación
  • Destinado a: Todos os públicos
  • Duración: 10’

A Amelia Tiganus (Galati, Rumanía, 1984)

Polo seu valor, compromiso e determinación para combater a trata e a explotación sexual de mulleres e nenas. 

Polo seu infatigábel activismo feminista e abolicionista para acadar unha sociedade libre de prostitución, violencias e agresións exercidas contra as mulleres.  

O seu labor converteuna en referente indiscutíbel para todas as mulleres, non só para as que están prostituídas senón para todas aquelas que, aínda hoxe, teñen que loitar por ser donas de si mesmas e do seu propio corpo.

Escritora e activista feminista. Formadora en talleres de sensibilización e prevención da prostitución e a violencia sexual. Supervivente e testemuña do sistema prostitucional e da trata de mulleres. 

Impartiu máis de cincocentas conferencias e obradoiros polo territorio español, Europa e América Latina. Recibiu diversos premios ao seu labor a prol dos dereitos humanos das mulleres e nenas. En 2019 recibiu do Ministerio de Igualdade un recoñecemento ao seu compromiso en acadar unha sociedade libre das violencias contra as mulleres. Fundadora de Emargi, asociación que traballa por un futuro libre da explotación sexual e reprodutiva das mulleres e das nenas. É,  tamén, cofundadora e coordinadora da Escola Abolicionista Internacional. 

Publicou, ´La revuelta de las putas: de víctima a activista` (Ediciones B, 2021), o cómic, ´Amelia: historia de una lucha` (Serendipia, 2021) e, en breve, publicará o seu terceiro libro, ´Nunca fui una cualquiera`.

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.