Compañía de títeres galega, con 40 anos de traxectoria artística. Combinamos a manipulación de bonecos con traballo actoral, música, obradoiros e animacións diversas. Sempre xogando, sempre divertindo.
O taller de construción e manipulación de sombras chinesas que imos impartir na Mostra de Teatro cómico Festivo de Cangas consta de tres partes fundamentais para a realización do mesmo:
Por unha banda a parte creativa onde os alumnos e alumnas participantes crean un guión para ser representado. Por outro lado a parte manual de construción do material necesario para a realización do guión elixido. Finalmente, a representación dos traballos seleccionados.
O interese do teatro de sombras chinesas na dramaturxia actual é evidente, o alumno confecciona,deseña, recorta, adapta, manipula e escenifica unha historia.
Esta historia comporta: fixación de personaxes, caracterización coa voz e o movemento, guión e distribución en varias escenas, elementos decorativos, música, texto, recitación, habilidade manual... polo tanto o alumno adquire e desenvolve unha serie de capacidades tales como a dramática, musical, literaria, imaxinativa, sentido crítico, xestualidade,estética, expresividade, aprendizaxe da lingua (léxico e estruturas gramaticais), narración, recitación... A nosa labor é orientar o traballo do obradoiro de sombras para tirar proveito de todas estas posibilidades que ofrece.