circo (lat. circu(m), id:) s.m. 4. fig. Situación confusa e desordenada. psicópata (de psico- + -patía) s. 2. Persoa cun comportamento en desacordo coas normas sociais admitidas como normais para a idade, sexo, época, etc, á que pertence. asSircópatas leva na rúa dende 2003. Medra sen presa e sen pausa. Atopa na rúa e no circo o espacio e a ferramenta para partillar algo que é a súa forma particular de ver o mundo, o humor, a vida, os conflictos, as solucións... Sempre coa teima de facelo dun xeito libre, real, absurdo, intelixente, estúpido, reflexivo, novo..
Montagem é unha montaxe que é unha montaxe. Unha traxicomedia na que non é doado distinguir onde remata o teatro para dar paso ao circo. Unha historia contada sen palabras, na que dous extremos terán que achegarse e sumarse, para exprimir as súas habilidades, malabarismos e comicidades ata a última pinga. Montagem é un xeito creativo de enfrontarse á incomunicación. Malabares, clown, teatro físico como ferramentas sempre a disposición de contar unha historia dun conflicto para mirar e facernos pensar d como funcionan as couas neste mundo.
Segundo premio no Milan clown festival do 2019