Malditas plumas

Sábado, 01 Xullo 2023 22:30
Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela
  • Compañía: Sol Picó
  • Procedencia: Cataluña
  • Dirección: Sol Picó
  • Autoría: Sol Picó
  • Destinado a: Adulto
  • Presentación: 2020
  • Duración: 60'

A Compañía

Coreógrafa e bailarina afincada en Barcelona, Sol Picó formou a súa propia compañía en 1993, coa que desenvolveu o seu tan persoal selo. Coñecedora da danza clásica, española  e contemporánea, as tres disciplinas pódense sentir no seu traballo coreográfico, enmarcadas na expresión máis contemporánea da danza. Dirixiu e interpretou máis de trinta espectáculos que xiraron en países de todos os continentes. Premiada, entre outros, con 4 premios das Artes Escénicas Valencianas, 10 premios Max, o premio Nacional de Danza de Cataluña (2004) ou o Premio Nacional de Danza (2016).

Sinopse

En Malditas Plumas percorremos diferentes episodios da vida dun personaxe, encarnado por Sol Picó, nunha viaxe que transita entre a tenrura e a decadencia. Nesta obra, o público coñece a historia dunha vedette do Paralelo e comparte as súas lembranzas, experiencias, vivencias… ¿ou ben nunca chegou a selo e son os seus soños, as súas proxeccións vitais, os seus desexos non cumpridos? É todo un gran delirio quizais que, aínda que nos transporta a un sitio e a unha época moi concretos, nos conecta tamén cos sentimentos máis humanos e, polo tanto, máis universais: o medo á morte, á degradación, á perda... a desaparecer.
Esta obra xoga coa transformación, a interacción do público e a confusión entre ficción e realidade, sempre coa ironía e o sentido do humor que caracterizan a linguaxe de Sol Picó.

Ficha artística

  • Autoría, dirección e interpretación: Sol Picó
  • Asistencia á dirección: Carme Portaceli
  • Dirección e composición musical: Aurora Bauzà e Pere Jou (Telemann Rec.)
  • Interpretación musical: Miquel Malirach
  • Edición de son: Roger Julià
  • Coach en movemento: Viviana Escalé
  • Textos: Cristina Morales, Francisco Casavella e Heinrich Böll
  • Adaptación dramatúrxica: Cristina Morales
  • Acompañamento: Iniciativa Sexual Femenina
  • Escenografía: Joan Manrique
  • Escultura de escena: Nico Nubiola
  • Asesoría títere: Andreu Martínez Costa, Alfred Casas
  • Vestiario: Joan Miquel Reig
  • Deseño de iluminación: Sylvia Kuchinow
  • Son: Stéphane Carteaux
  • Construción artefacto de maxia: Jordi Pau, Gastón la Torre
  • Produción: Pía Mazuela, Núria Aguiló Sol
  • Asistente de produción: Elena Espejo
  • Fotografía: Erin Bassa, Joan Carles Fotografia, May Zircus, Jordi Vidal
  • Distribución: Palosanto Projects
  • Colaboración especial: Mag Lari

Destaques

  • Premio de la Crítica Serra d'Or 2022 das Artes Escénicas a Sol Picó como meloor intérprete por MALDITAS PLUMAS.
  • Mención Especial– Convocatoria Online 2021 FESTIVAL TERRITORIO VIOLETA ao espectáculo MALDITAS PLUMAS.
  • Premio Nacional de Danza (2016).
  • Premio Nacional de Danza de Cataluña (2004).
  • 10 Premios MAX.
  • 4 Premios das Artes Escénicas Valencianas.

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.