A Asociación Cultural Lembranzas da Ría fórmase na parroquia de Aldán en Cangas do Morrazo a finais do ano 1984. Co paso do tempo, a medida que os compoñentes foron evolucionando, a súa curiosidade e inquietude pola nosa tradición aumentou de tal xeito que tomaron a decisión de comezar a investigar as raíces da nosa cultura. Neste momento emprenderon un traballo de campo percorrendo as aldeas de toda Galicia cuxo fin primordial será o de recoller, investigar e promove lo folclore da terra.