Sempre Arriba é a compañía de clown e circo de Marta Iglesias, artista multidisciplinar galega. Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, e formada en escolas como Oreka Zirko Eskola (Pamplona), International Clown School (Ibiza), Circo Criollo (Buenos Aires) e Hangar des Mines (Francia), sendo nesta última onde se especializou na pedagoxía clown de Michel Dallaire. Despois de 7 anos dedicada ao clown de hospital coa Fundación Theodora, alén das colaboracións con outras compañías de clown, improvisación, teatro de rúa e circo, en 2018 comeza a súa andaina en solitario creando e presentando os espectáculos Oda ao Amor (2018), e o seu último traballo C’est Pas Possible (2019). En ambos os dous espectáculos desfruta empregando o clown como elemento comunicativo e combinándoo coa acrobacia aérea. En 2017, foi galardoada co premio a mellor actriz no Festival de Teatro de Mora, coa compañía Immaginario Teatro, e en 2020, o premio do xurado ao mellor espectáculo con Oda ao Amor, no Encuentro de Payasas Mujeres con Narices, en Gran Canaria.
Temos un triángulo por espazo de xogo, obxectos que soben baixan e flotan no aire. Temos música, os temazos e temones da nosa vida, temos circo, un micro, temos ganas e moita actitude. Hoxe Si! É unha invitación a xogar, a disfrutar, a soltarnos e desinhibirnos por un día, a vivir celebrando o momento presente. Porque a vida é agora. Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea, e sobretodo moito humor