Consentimento, cultura da violación e soberanía persoal: onde está a liberdade sexual das mulleres?

Sábado, 08 Xullo 2023 19:00
Salón de Plenos do Concello de Cangas
  • Imparte: Amelia Tiganus
  • Tipo: Conferencia
  • Destinado a: Todos os públicos

CONFERENCIA Dª AMELIA TIGANUS

PRESENTA Dª TAMARA CANOSA. Creadora escénica, activista feminista.

AMELIA TIGANUS é escritora, activista feminista e formadora en sensibilización e prevención da prostitución e da violencia sexual. Interlocutora experta en denunciar e compartir nos medios de comunicación a experiencia vivida, o pensamento teórico e o relato de quen converteu a loita feminista no sentido da súa vida, despois de ser vítima de trata e ser explotada sexualmente ao longo de cinco anos en prostíbulos españois.

Fundadora de Emargi, asociación que loita por un futuro libre de explotación sexual e reprodutiva de mulleres e nenas. Coordinadora da Escola Abolicionista Internacional para a divulgación feminista e a sensibilización e formación da sociedade civil. Impartiu máis de cincocentas conferencias e obradoiros por todo o territorio estatal, Europa e América Latina. 

Recibiu diversos premios ao seu labor a prol dos dereitos humanos das mulleres e nenas. En 2019 o Ministerio de Igualdade de España outórgalle o recoñecemento ao seu compromiso para acadar unha sociedade libre das violencias contra as mulleres. 

Publicou, La revuelta de las putas: de víctima a activista (Ediciones B, 2021), o cómic, Amelia: historia de una lucha (Serendipia, 2021) e, en breve, publicará o seu terceiro libro, Nunca fui una cualquiera.

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.