40 anos de Teatro

Xoves, 29 Xuño 2023 17:30
Salón de Plenos Concello de Cangas
  • Procedencia: Galicia
  • Tipo: Charlas e coloquios
  • Destinado a: Todos os públicos
  • Duración: 2h 30'

Van catro décadas dende aquel setembro de 1984, no que a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas ergueu o pano por primeira vez no Teatro Avenida, 40 anos que nos contan… a través do humor, que falan de nós, da nosa realidade, da nosa historia. A falta de infraestruturas, o feble apoio das institucións, as repetidas crises, pandemia, (momentos de verdadeira resistencia), foron pedras no camiño que afectaron a esta Mostra e ao conxunto do tecido teatral estatal e galego. Pedras que, afortunadamente, non fixeron tremer a consolidación das nosas artes escénicas.

Hai 40 anos xestouse a profesionalización de boa parte do sector. Hoxe celebramos este aniversario xunto a algunhas das iniciativas que comezaron a súa andaina por aquel tempo e que co seu traballo conseguiron mudar e modernizar a concepción da escena galega e estatal. Con este encontro queremos propiciar un intercambio de experiencias e reflexionar sobre os avances e atrancos vividos ao longo destes 40 anos.

Participan:

  • Silvia Garzón, da Compañía Atalaya, Andalucía.
  • Antonio Sarrió, da Compañía Cambaleo, Madrid.
  • Etelvino Vazquez, da Compañía Teatro del Norte, Asturias.
  • Eduardo R. Cunha (Tatán), de Tanxarina, Galicia.
  • Antón Lamapereira e Afonso Becerra, da Erregueté ( Revista Galega de Teatro), Galicia.
  • Che Mariño e María Armesto, da MITCFC, Galicia
  • Modera: Ana Abad de Larriva.

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.