40 aniversario – Erregueté #105

Xoves, 06 Xullo 2023 19:00
Capela do Hospital
  • Imparte: Afonso Becerra e Ana Abad De Larriva

Cumpro corenta anos ao mesmo tempo que a miña veciña a MITCFC chega ás 40 edicións. Cangas e a península do Morrazo son, dalgún xeito, o noso berce, aínda que a nosa vocación e proxección sexa galega e internacional.

Chego aos corenta con máis cores que o arco da vella e como revista de artes escénicas, non só de teatro, aínda que o teatro pode ser moitas cousas, como podes comprobar nas miñas páxinas. Pódesme tocar no papel ou ver online nunha pantalla, en www.erreguete.gal.

Pero, ollo!, en papel teño contidos exclusivos e gardo segredos dos escenarios. Na edición online da web póñolle máis atención ás noticias de actualidade, á información, aínda que tamén teña opinión e, entre outras seccións, un espazo para a perspectiva LGTBIQ+

Convídote ao meu 40 aniversario, que celebro presentando o meu número 105 en papel, acompañada dun libriño de dramaturxia contemporánea que trae as primeiras pezas publicadas do dramaturgo coruñés Gustavo del Río, Hugo, que levou o María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil, protagonizada por un neno autista, e Mosca estreada pola Cía. Ártika, na que aborda o conflito do acoso escolar. No libro tamén vén O can de Lluïsa Cunillé, XLVII Premio Born de Teatro 2022, que non te vai deixar indiferente.

Hai todo isto e moito máis, pero sobre todo a alegría de chegar aos corenta en plena forma e de compartilo contigo. Haberá que brindar, non si? Espérote!

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.