Conecta co mellor de ti mesma

Martes, 27 Xuño 2023 16:30
Sala de exposicións Auditorio Municipal
  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: Estela López, Marcos S. Armesto
  • Tipo: Obradoiro
  • Destinado a: Socias ADICAM
  • Duración: 4h

Atempo é unha Asociación sen ánimo de lucro nacida co obxectivo de promocionar e desenrolar actividades culturais co fin de favorecer a formación en habilidades emocionais e sociais de persoas en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión social. Fomentamos a participación mediante estratexias socioeducativas e culturais que exercen como catalizadoras do crecemento emocional e da inclusión social.

O obradoiro fusionará, por unha parte, os beneficios da Programación neurolinguística: recuperación de un diálogo interno eficiente que impulse avances na percepción da realidade que cada unha ten dende o seu esquema mental e da comunicación cunha mesma e coa súa contorna, logrando modificar hábitos, xuízos e prexuízos que bloquean a visión positiva e alentadora. Por parte da Pedagoxía teatral, usarase o coñecemento das artes escénicas para sensibilizar, recoñecer e activar os sentidos a través de exercicios de sensopercepción e conciencia corporal combinado con xogos de linguaxe verbal, sensorial, empáticos e creativos que, en combinación co observado na parte de Neurolinguismo, axudarán ás participantes a ter unha experiencia plena de exploración, descubrimento e novas posibilidades de ser, estar e percibir.

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.