• Inicio
  • Programa
  • Presentación "História da dança contemporánea na Galiza"

Presentación "História da dança contemporánea na Galiza"

Venres, 02 Xullo 2021 19:00
Cámara Agraria de Cangas
  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: Afonso Becerra de Becerreá, autor. Olga Cameselle e Amparo Novas, coreógrafas e bailarinas.
  • Tipo: Charla, presentación libro

Afonso Becerra de Becerreá. Dramaturgo e director. Doutor en Artes Escénicas pola UAB. Graduado en Arte Dramática polo Institut del Teatre de Barcelona. Como ensaísta publicou O ritmo na dramaturxia (2005), Dramaturxia. Teoría e práctica (2007), Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro (2012) e Confio-te o meu corpo. A dramaturgia pós-dramática (2018). Publicou as pezas teatrais Agnus Patris (2002), Crio-Xénese (2007), Dramatículas (2010) e Textículos dramáticos e posdramáticos (2014). Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais da Xunta de Galicia 2001. Premio María Casares á Mellor Versión Adaptación Teatral 2016. Premio de Honra do Festival do Teatro Galego 2020. Mención de Honra no Premio Internacional de Xornalismo Carlos Porto 2019 do Festival de Almada (Portugal, 2020). Docente na Escola Superior de Arte Dramática da Galicia. Director da Revista Galega de Teatro.

Velaquí a primeira historia da danza en Galicia. Un exercicio de recuperación parcial da memoria de unha das artes máis efémeras e difíciles de narrar, desde os seus primordios até 2020, co foco no seu período de eclosión e esplendor.

Contar a danza non é unha tarefa fácil, mais, como todo o imprescindíbel na vida, necesita ser contada. Ninguén podería concibir unha vida sen danza, e tampouco se pode concibir unha cultura sen a arte da danza. Ademais, escribir a súa historia é un exercicio de xustiza coas heroínas e heroes que decidiron dedicarlle a súa vida, nun contexto de extrema dificultade.

Nesta historia centrámonos na danza contemporánea, que é a máis libre e heterodoxa de todas as modalidades e estilos. Aquela que, por tanto, mellor pode expresar a creatividade dun pobo. A galega é especialmente poemática, dentro dun efervescente eclecticismo. Quer máis conceptual, quer máis acrobática e circense ou co pé no tradicional, a danza contemporánea galega nunca renuncia ao existencial e á ligazón coa terra. Habituada ao adverso, o seu vitalismo é irredutíbel.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.