• Inicio
  • Programa
  • Política sentimental. O encontro necesario entre María Casares e Albert Camús
Política sentimental. O encontro necesario entre María Casares e Albert Camús

Política sentimental. O encontro necesario entre María Casares e Albert Camús

Sábado, 09 Xullo 2022 20:00
CENTENARIO MARÍA CASARES. UNHA VIDA EN ACCIÓN | Sala de exposicións Auditorio Municipal
  • Procedencia: Galicia
  • Autoría: Javier Villán
  • Tipo: Lectura dramatizada

Sinopse

Na ocupación nazi, en Francia, prodúcese o encontro de dúas grandes personalidades do panorama cultural e artístico do momento: o premio Nobel, Albert Camus, un dos máis notables representantes do existencialismo francés, e María Casares, a actriz galega máis universal e filla de Santiago Casares Quiroga, último Xefe do Goberno da República.

A posta en escena de “Le Malentendu” no ano 1942,  marca o inicio desta peza e, tamén, da prolífica e intensa relación persoal, artística e profesional entre María Casares e Albert Camus e que durará ata o pasamento do autor, en 1960. 

“Política Sentimental” é un diálogo testemuñal e poético no que se debullan vivencias e acontecementos: teatro, guerra, amor, literatura, exilio, República, poesía, filosofía, galeguidade, liberdade, existencialismo, vida…

Ficha artística

Intérpretes: Sabela Hermida e Fran Paredes

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.