O teatro amador en galicia

Luns, 27 Xuño 2022 18:00
Salón de plenos Concello de Cangas | Capela do Hospital | Xardíns do Señal
  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA)

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, nesta 39 edición, quere amosar o seu interese e apoio ao labor que desenvolve o teatro amador galego, tan necesario e que consegue achegar o teatro a onde, sen eles, non sería doado chegar.  

Farémolo cunha xornada na que se celebrará unha mesa redonda protagonizada pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA)  e coa presentación de pequenas pezas de teatro realizadas por algúns dos grupos federados. 

MESA REDONDA: DE ONDE VÉN E CARA ONDE VAI O TEATRO AFECCIONADO EN GALICIA. RESISTINDO UNHA CRISE ECONÓMICA E UNHA PANDEMIA

18:00H · SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO

Unha oportunidade para debater, opinar e falar sobre a traxectoria do teatro amador en Galicia desde o ano 2000. Como resistiu os embates de unha crise económica e unha pandemia de dimensión mundial. Falando dende a experiencia de colectivos e grupos do teatro amador galego.

Participantes: Chelo Pampillón, Tareixa Campo, Pedro Pablo Riobó, Xaime Costas, Manuel Dasilva (Moderador)

4 PEZAS DE MICROTEATRO 

CAPELA DO HOSPITAL E XARDÍNS DO SEÑAL 
  • 20.00 h. HIPÓCRITA TEATRO:  MITOLOXÍA PARA IGNORANTES
  • 20.20 h. PASO DE VALVERDE: ULTRASÓNICA
  • 20.40 h. LOHENGRÍN TEATRO: TERRA
  • 21.00 h. PORTA ABERTA: A DOUS NICHOS DE TI

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.