HISTRIÓNICA!

HISTRIÓNICA!

Sábado, 02 Xullo 2022 20:30
Sala de exposicións Auditorio Municipal
  • Compañía: Mónica Sueiro. Coproduce MITCFC
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Avelino González, Mónica Sueiro
  • Autoría: Mónica Sueiro
  • Destinado a: Público Adulto
  • Estrea: Estrea absoluta
  • Presentación: 2022
  • Duración: 50'

A Compañía

Mónica Sueiro comeza a súa andaina profesional o 2000 como figurinista, actriz, axundante de dirección en diversas compañías galegas e inicia o seu labor como directora, dramaturga e pedagoga teatral en diferentes institucións de Galicia. Ten feito adaptacións de textos dramáticos, así como a creación de textos propios. Despois de dez anos centrada na pedagoxía e a dirección de escena, retoma o seu proxecto como intérprete e creadora atendendo aos códigos escénicos que lle interesan e na procura de novas linguaxes. Daí xurden as pezas breves: QUINCE MINUTOS (2018), estreada no "encontro de mulleres creando" no FITO de Ourense. DESALENTO (2019) creada para a Concellaría de Igualdade de Baiona, que orbita arredor da violencia psicolóxica. SUBTERRÁNEA (2020) creada para ao programa Violencia#Zero da Deputación de Pontevedra. HISTRIÓNICA! é a primeira montaxe de maior formato.

Sinopse

HISTRIÓNICA! é un monólogo teatral clownesco, absurdo e metateatral con elementos grotescos e desenfadados que desemboca no intento de inventar un universo con regras propias entre o teatro e a vida, entre a ficción da realidade. Ao principio foi a actriz e no seu desenvolvemento só quedou a actriz. A escusa para o xogo é o desexo de actuar, de xogarse o tipo ante o público, cunha peza da que a protagonista, "a actriz", sabe tanto como o público presente. Así que non lle queda outra que saír do establecido, rir do seu fracaso para ser feliz mentres camiña no desequilibrio entre a necesidade de ser e estar no mundo actoral (realizarse, vaia) e o riso, esa vía de escape tan necesaria. A actriz ri de si mesma, e o público (que goza sendo cruel) ri dela.

Ficha artística

  • Creación e Interpretación: Mónica Sueiro
  • Dramaturxia e Dirección: Avelino González
  • Deseño de Iluminación: Naila Rodsuá
  • Asesoría Artística Iluminación: Germán Gundín
  • Letra e Música "Estou ata a cona": Sergio Llauger
  • Asesoramento coreografía: Olga Cameselle
  • Escenografía e Vestiario. Mónica Sueiro
  • Deseño Gráfico: Juan Hernández
  • Fotografía e vídeo: Estudio Prolight

Destaques

Colaboración especial da área de igualdade da Deputación de Pontevedra. Programa Violencia Zero.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.