• Inicio
  • Noticias
  • 'O porco de pé' substituirá o espectáculo de Bob Pop, suspendido por mor da COVID-19
  • Clara Castilla

A obra 'Los días ajenos de Bob Pop' tivo que ser suspendida por mor da COVID-19. O actor e escritor non poderá actuar nesta 39 Mostra de Cangas despois de dar positivo en coronavirus. A organización veuse na obriga de cancelar o espectáculo, programando, no seu lugar, a obra 'O porco de pé', dirixida por Quico Cadaval coa compañía Producións Teatrais Excéntricas.

Patricia Vázquez, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo son os actores que protagonizan este espectáculo versionado por Quico Cadaval e Pepe Sendón sobre a novela de Vicente Risco. O que presenta Excéntricas é un teatro de barracón, aquel que, na infancia, nos fascinaba e nos asustaba a partes iguais. Un farol mortizo, un chan de serrín, unha cortina vermella e, de súpeto, aparece o porco en elegante pose de equilibrista a sosterse sobre os pés, a finxirse un ser humano con tanta graza, que resulta imposible distinguilo.

 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.