• Inicio
  • Noticias
  • Xa está aberta a inscrición para asistir á exposición e homenaxe a Xosé Manuel Pazos
  • Clara Castilla

A 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) arranca oficialmente o xoves 1 de xullo coa inauguración da exposición documental e a homenaxe a Xosé Manuel Pazos Varela, quen fora alcalde de Cangas até a súa morte, en xaneiro deste ano. Aínda que a entrada é libre e de balde até completar aforo, os protocolos de seguridade por mor da Covid-19 esixen un rexistro individual. As persoas que queiran asistir deberán inscribirse na seguinte ligazón ou a través deste código QR.

Pazos Varela, o ‘alcalde do Teatro’, xunto a un pequeno grupo de persoas, ideou a Mostra de Cangas hai agora 38 anos. Por iso, a organización “queremos facer un recoñecemento á súa persoa e ao seu labor, a través dunha sinxela homenaxe” composta por unha exposición documental e un acto lúdico no que estarán presentes “as artes que tanto amou, teatro, danza, poesía, música... e a súa xente”.

As actrices Pepa Barreiro e Sonia Rúa  serán as encargadas de presentar o acto, no que participarán:

  • Anxo Graña, músico. 
  • Aurora Prieto, concelleira de cultura.
  • Blanca Francés, cantora.
  • Cándido Pazó, autor, director e contador de historias.
  • Carme Penim, cantante.
  • Diego Seixo, comisariado exposición.
  • Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, titiriteiro e cantor.
  • Etelvino Vázquez, director e actor. 
  • Felipe Lubián, alcalde de Lubián.
  • Héctor Pazos, músico.                                               
  • Henrique Harguindey, profesor e tradutor.
  • Manuel F. Vieites, investigador.
  • María Armesto, dramaturga.
  • María Barcala, actriz. 
  • Paco Alfaro, músico.
  • Pepa Barreiro, actriz.
  • Salvador del Río na iluminación.
  • Silda Alfaro, actriz.
  • Sonia Rúa, actriz e vestuarista.
  • Uxía, cantante.
  • Xico de Cariño, músico.
  • Xulio Lago, director e actor. 
  • A.C. Lembranzas da Ría, baile tradicional.
  • A.C. Peis d`hos.
  • Banda de gaitas Tromentelo.
  • Escola de Teatro de Cangas (Grupo: Posta en escena).

A comisión organizadora do acto está integrada por Che Mariño, presidenta de Xiria; Antón Pazos, Antón Lamapereira e Silda Alfaro, Pepa Barreiro e Sonia Rúa.

A organización quere enviar o seu agradecemento a María Xosé González Domínguez, viúva de Xosé Manuel Pazos Varela, “pola súa colaboración e o empréstito de obra e material documental do autor”.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.