• Clara Castilla

Mercedes Oliveira Malvar, por todos coñecida como 'Chis', recibe mañá o Premio Mulleres en  Acción 2020. Chis é unha das principais referencias no campo da educación sexual con perspectiva de xénero. O seu traballo, pioneiro e afastado dos estereotipos, foi recoñecido co Premio Irene do Ministerio de Educación en 2011. Mercedes Oliveira explica que recibir este premio fai que se sinta "moi emocionada e recoñeida porque sempre é unha satisfacción recibir un premio, pero facelo en Cangas conleva unha alegría engadida porque aquí fun profesora e dirixín un grupo de teatro co que levamos a cabo espectáculos moi potentes". Engade que, ademáis, ten colaborado en moitas ocasións con xente directa ou indirectamente vinculada á Mostra. 

Un dos grandes méritos de 'Chis' Oliveira, Filósofa de formación, é a súa excelente capacidade comunicadora e ser quen de impulsar innovadoras iniciativas pedagóxicas. Falar de sexualidade, sobre todo coa xente máis nova, non é sempre doado. Sen embargo, ela recoñece que, "pola miña formación, estou afeita a normalizar o complicado". A premiada conta que é moi importante "ser empática" cun tema no que se mestura o amor, o desexo, a paixón, a relixión, ... Por iso, "debemos afrontar estes temas coa naturalidade que teñen". "Debemos estar abertos a escoitar porque á xente gústalle moito falar cando se atopa cómoda", afirma.  

'Chis' Oliveira asegura que o sexo "segue a ser un tema tabú, aínda que parece que todo o mundo fala del". Nas últimas décadas, producíronse cambios moi importantes con respecto á sexualidade. "Nenos, e algunha nena, teñen móbil no peto desde ben pequenos para buscar e atopar pornografía. E teñámolo claro, non hai pornografía boa", explica. 'Chis' Oliviera engade que se trata "dunha escola de sometemento para as mulleres e de afianzamento do pracer masculino". Segundo a súa opinión, se a pornografía convivira con outras formas de educación,, "non sería tan malo, pero aquí é o único". 

O Premio Mulleres en Acción 2020 mostra a súa preocupación porque "as nenas semella que só desfrutan cando gustan os nenos, ou cando notan que eles desfrutan. Como se elas non fosen o prioritario". Por iso, "cómpre unha revolución sexual das mulleres".

'Chis' Oliveira asegura que, na sexualidade, a evolución "foi moi para atrás", un retroceso que "se vén mascando desde hai anos, pero agora agroma máis co modelo neoliberal onde calquera desexo se convirte mercadoría. Onde o máis importante é poder consumir". A solución a esta regresión é, para a premiada, , "a autoestima. Quererte a ti mesma".

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.