• Inicio
  • Noticias
  • Luz Beloso: "Un dos maiores talentos da ilustración contemporánea"
  • Clara Castilla

Os escritores Iria Collazo, Isabel Blanco e Miguel Anxo Alonso Diz, xunto co comisario da exposición, Diego Seixo, inauguraron o venres 3 de xullo unha exposición coa obra de Luz Beloso, a creadora do cartel da XXXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. A exposición recompila varios traballos de Luz Beloso, entre orixinais, reproducións e vídeos. O público poderá ver todas as ilustracións de 'A soidade das medusas', escrita por Iria Collazo (Galaxia, 2016); algúns debuxos dos tres libros da colección Rosaura, da escritora Isabel Blanco ('As recetas de Rosaura', 'Rosaura e o mar' e 'Rosaura, cesteira de Mondariz', da editorial Belagua) e do libro 'A nena e o grilo máis aló' (terceiro libro de Magín Blanco, con texto teatral de Pepablo Patiño).

Ademais, a mostra de Luz Beloso recolle parte da súa obra inédita, como as ilustracións que se van publiciar, presumiblamente no outono no libro 'Unha folla vermella', que publica xunto con Miguel Anxo Alonso Diz en Verkami. Trátase dun álbum ilustrado para reflexionar, un libro poético que fala do proceso creativo. Realizado a grafito e acrílico, é unha edición limitada, numerada, dedicada e de serie limitada.

O vestíbulo do Auditorio Municipal acollerá esta exposición ata o 18 de xullo. Pódese visitar todos os días, de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 21.30 horas. O sábado 11 e domingo 12, o Auditorio permanecerá pechado. 

Diego Seixo, comisario da exposición, destacou o gran valor artístico da obra de Luz Beloso, ademais da seu compromiso coa cultura, as políticas activas e a causa LGTBI. Seixo asegura que o deseño que Beloso creou este ano para a MITCFC é "un dos máis exquisitos que tivo esta Mostra ata o momento".

Miguel Anxo Alonso Diz, escritor de 'Unha folla vermella', non concibe "a arte como compartimento estancos" e por iso a súa colaboración coa artista é sempre moi estreita e non entende os textos sen as ilustracións de Luz Beloso, que cualifica como "un dos maiores talentos na ilustración contemporánea".   

A escritora Iria Collazo traballou en varias ocasións con Beloso. Confesa que, entre as dúas, "levamos a cabo un proceso creativo atípico porque non é normal que o autor fale tan directamente co ilustrador". Por ese motivo, Collazo considera que os traballos con Luz Beloso están cheos de sentimentos e verdade. 

Isabel Blanco é a autora dos textos dos libros da colección Rosaura. "Disque ilustrar acompaña un texto, engrandéceo. Pero Luz dá vida. Luz ensina", afirma. Blanco asegura que "é imposible escribir Rosaura sen ilustrar". A escritora destaca o seu asombro pola facilidade que ten a artista gráfica para visualizar rapidamente o que se lle conta. "Luz é unha persoa superdotada", conclúe.  

 

 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.