• Inicio
  • Noticias
  • Chévere: O mellor teatro galego no Eroski Paraísos
  • Clara Castilla

O Grupo Chévere volveu engaiolar o público asistente á última función da XXXIII Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Un éxito de público que obrigou a colgar o cartel de 'Esgotadas as entradas' e que non defraudou nin a grandes nin a pequenos. Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira fixéronnos rir a gargalladas en varios momentos sublimes. Acompáronnos no escenario, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez, Luis Martínez.. Unha vez máis o grupo demostrou por que en 2015 foi merecedor do Premio Nacional de Teatro.

Eroski Paraíso é o resultado dunha procura de varios meses. Fíxose un traballo de documentación previo sobre a sala de festas Paraíso que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras parellas. Ela tiña 19 anos, el 25. Casaron ao quedar ela embarazada e a súa filla Alexandra, naceu ao pechar o Paraíso. Logo emigraron e andaron dun lado a outro. Vintecinco anos despois, Eva traballa en Muros no supermercado que hai onde estaba o Paraíso. Antonio segue en Canarias e Álex fai o seu primeiro documental sobre seus pais.

Chévere é unha compañía de axitación teatral con 29 anos de traballo ás costas, que soubo manter con naturalidade unha proposta tan irreverente como xenuina e un sólido compromiso social, político e cultural. As obras de Chévere levan ao palco os debates do presente, documentándoos escénicamente cunha linguaxe contemporánea accesible a públicos moi diversos. Exemplos deste modus operandi son obras recentes como Testosterona (2009), a triloxía de Citien (2010-2011), Eurozone (2013), Ultranoite no País dos Ananos (2014) ou As Fillas Bravas (2015). No ano 2014 recibiu o Premio Nacional de Teatro.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA: Noparan.com

 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.