Demo

Taquilla

1. VENDA DE ABONOS

Do 4 de maio ao 8 de xuño de 2019.

A adquisición do abono ten as seguintes vantaxes:  

  • Desconto de 11€ sobre o prezo das entradas en taquilla.
  • Garantiza a entrada sen colas no despacho de billetes para todos os espectáculos. 
  • Permite elixir as butacas mellor situadas, o beneficiario do abono disporá da mesma butaca durante toda a Mostra.

2. VENDA ANTICIPADA PARA CADA UN DOS ESPECTÁCULOS.  

A partires do 10 de xuño ata o mesmo día da representación de cada espectáculo.

  • ataquilla.com
  • Tel.: 902 504 500. 
  • Prezo: 8€*. (Agás o espectáculo: ARLEQUINA. Prezo: 5€).

3. VENDA DE ENTRADAS O MESMO DÍA DA FUNCIÓN.

Despacho de Billetes do Auditorio, dúas horas antes do comezo da función.

  • Prezo: 8€. (Agás o espectáculo: ARLEQUINA. Prezo: 5€).

4. ESPECTÁCULOS PROGRAMADOS NO AUDITORIO INCLUIDOS NO ABONO E PARA OS QUE SE PODEN ADQUIRIR ENTRADAS INDIVIDUALMENTE.

  • Venres, 28 de xuño, 22:30h. COMEDIA AQUILANA.
  • Sábado, 29 de xuño, 22:30h. LA GRAN OFENSA.
  • Domingo, 30 de xullo, 22:30h. CARPE DIEM.
  • Martes, 2 de xullo, 22:30h. VACAS, GUERRAS, PORCOS E CEGOS.
  • Mércores, 3 de xullo, 21:00h. ARLEQUINA.
  • Xoves, 4 de xullo, 22:30h. ELECTRA.
  • Venres, 5 de xullo, 22:30h. EL DESGUACE DE LAS MUSAS.
  • Sábado, 6 de xullo, 22:30h. GENERACIÓN WHY.

A  adquisición destas entradas significa a aceptación das condicións seguintes:

  1. O organizador non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais polo que, neste caso, declínase toda a responsabilidade e non se permite o acceso ao recinto a todo portador dunha entrada enmendada, rota ou con indicios de falsificación.
  2. Non se admiten cambios ou devolucións.
  3. Prégase máxima puntualidade. É potestade da organización permitir ou non a entrada ao recinto unha vez comezado o espectáculo.
  4. Resérvase o dereito de admisión.
  5. Quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual do espectáculo, non podendo o portador da entrada introducir cámaras fotográficas, de video ou grabadoras, nin filmar o gravar o espectáculo sen autorización do organizador.
  6. Prégase desconectar calquera tipo de aparello electrónico e silenciar as alarmas dos reloxos e dos teléfonos móbiles.

*O publico da Mostra ten un servizo de venda de localidades exclusivo SEN GASTOS  de xestión pola compra anticipada de entradas ou abonos.