Taquilla
1. VENDA DE ABONOS
Do 4 de maio ao 8 de xuño de 2019.
- ataquilla.com
- Tel.: 902 504 500
- Prezo do abono: 50€*
A adquisición do abono ten as seguintes vantaxes:
- Desconto de 11€ sobre o prezo das entradas en taquilla.
- Garantiza a entrada sen colas no despacho de billetes para todos os espectáculos.
- Permite elixir as butacas mellor situadas, o beneficiario do abono disporá da mesma butaca durante toda a Mostra.
2. VENDA ANTICIPADA PARA CADA UN DOS ESPECTÁCULOS.
A partires do 10 de xuño ata o mesmo día da representación de cada espectáculo.
- ataquilla.com
- Tel.: 902 504 500.
- Prezo: 8€*. (Agás o espectáculo: ARLEQUINA. Prezo: 5€).
3. VENDA DE ENTRADAS O MESMO DÍA DA FUNCIÓN.
Despacho de Billetes do Auditorio, dúas horas antes do comezo da función.
- Prezo: 8€. (Agás o espectáculo: ARLEQUINA. Prezo: 5€).
4. ESPECTÁCULOS PROGRAMADOS NO AUDITORIO INCLUIDOS NO ABONO E PARA OS QUE SE PODEN ADQUIRIR ENTRADAS INDIVIDUALMENTE.
- Venres, 28 de xuño, 22:30h. COMEDIA AQUILANA.
- Sábado, 29 de xuño, 22:30h. LA GRAN OFENSA.
- Domingo, 30 de xullo, 22:30h. CARPE DIEM.
- Martes, 2 de xullo, 22:30h. VACAS, GUERRAS, PORCOS E CEGOS.
- Mércores, 3 de xullo, 21:00h. ARLEQUINA.
- Xoves, 4 de xullo, 22:30h. ELECTRA.
- Venres, 5 de xullo, 22:30h. EL DESGUACE DE LAS MUSAS.
- Sábado, 6 de xullo, 22:30h. GENERACIÓN WHY.
A adquisición destas entradas significa a aceptación das condicións seguintes:
- O organizador non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais polo que, neste caso, declínase toda a responsabilidade e non se permite o acceso ao recinto a todo portador dunha entrada enmendada, rota ou con indicios de falsificación.
- Non se admiten cambios ou devolucións.
- Prégase máxima puntualidade. É potestade da organización permitir ou non a entrada ao recinto unha vez comezado o espectáculo.
- Resérvase o dereito de admisión.
- Quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual do espectáculo, non podendo o portador da entrada introducir cámaras fotográficas, de video ou grabadoras, nin filmar o gravar o espectáculo sen autorización do organizador.
- Prégase desconectar calquera tipo de aparello electrónico e silenciar as alarmas dos reloxos e dos teléfonos móbiles.
*O publico da Mostra ten un servizo de venda de localidades exclusivo SEN GASTOS de xestión pola compra anticipada de entradas ou abonos.