Demo
  • MITCFC
  • Mulleres en acción
  • Programación xornadas

XVIII Xornadas Mulleres en acción

ARTES VIVAS. ARTES VISUAIS:

Somos a metade. Queremos paridade.

Artes. Artistas. A arte das artistas. Existiu? Existe? Si?  Entón, porque nos museos non figuran máis que como modelo? Por que no teatro, o cine e a televisión non abundan as protagonistas femininas? Porque a maioría de personaxes femininos non se parecen en nada ás mulleres do século XXI nin ás de ningún outro século? A resposta é unha: patriarcado, ideoloxía que nos borrou deliberadamente da Historia, deixando fora dela a miles de creadoras con xenio, talento e oficio que sí existiron. 

Nas artes vivas e visuais abundan mulleres invisibles, pechadas nos sotos dos museos,  sen que os historiadores quixeran deixar constancia da súa existencia, máis alá de Frida Khalo ou Camile Claudel (amoríos por medio). Indigna que a figura de Alice Guy Blaché, a primeira persoa cineasta, a auténtica inventora do cine narrado, e non Méliès, fose borrada da Historia. Gran parte das actrices que destacaron no teatro ao longo da historia foi porque se converteron en empresarias de si mesmas, produtoras do seu talento e directoras dos seus propios teatros, aínda así, moitas seguen esquecidas. 

A boa noticia é que,  iso acabouse. As mulleres todas, artistas, actrices, galegas, suramericanas, europeas, de Hollywood, están en pé de guerra denunciando a discriminación laboral, salarial e o acoso sexual no seo da industria. Gratitude eterna ás mulleres qu desde escolas, institutos e universidades dedicaron horas e horas a rescatar do soto da vergonza o talento de miles de mulleres de todas as disciplinas. Profesoras e investigadoras que, ao longo dos s. XX e XXI  educaron e proporcionaron unha información que lles permitirá ás novas xeracións de mulleres ter auténticos referentes femininos e confiar sen reparos en si mesmas. De todo isto van as XVIII Xornadas de Mulleres en Acción.

María Mazás. Exposición antolóxica

María Mazás. Exposición antolóxica
Venres, 15 Xuño 2018 19:00
Sala de Exposicións do Auditorio Municipal

Presentación

Presentación "SOFT POWER"
Venres, 29 Xuño 2018 20:00
Libraría Wells

Mulleres nas artes vivas e visuais: María Mazás

Mulleres nas artes vivas e visuais: María Mazás
Sábado, 30 Xuño 2018 18:00
Sala de Exposicións do Auditorio Municipal

A terapia das palabras

A terapia das palabras
Martes, 03 Xullo 2018 18:00
Xoves, 05 Xullo 2018 18:00
Casa da Bola, sede de ADICAM
Martes 3 e Xoves 5 de 18.00h. a 20.00h.

Presentación

Presentación "A solas conmigo"
Venres, 06 Xullo 2018 20:00
Libraría Wells

Mulleres nas artes vivas e visuais

Mulleres nas artes vivas e visuais
Sábado, 07 Xullo 2018 17:30
Sala de Exposicións do Auditorio Municipal

Laboratorio de estremonías

Laboratorio de estremonías DE Mónica Camaño
Sábado, 07 Xullo 2018 20:00
Sala de Exposicións do Auditorio Municipal