Demo

Pasado, presente e futuro do CDG

  • Imparte: erregueté

Dentro do seu ciclo de coloquios na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, a erregueté | Revista Galega de Teatro organiza un encontro aberto ao público co obxecto de ofrecer unha reflexión conxunta sobre a situación actual do Centro Dramático Galego e os seus desafíos de futuro.

Co obxecto de xerar material para o debate, o presente, o pasado e o futuro da institución serán analizados desde a perspectiva de catro persoas que asumiron a súa dirección ao longo dos seus 35 anos de historia: Eduardo Alonso, Damián Villalaín, Cristina Domínguez Dapena e Manuel Guede Oliva.