Demo

Mulleres nas artes vivas e visuais: María Mazás

  • Tipo: Xornada

Presenta: María Armesto

18.00 H. ARTE DE MULLERES, ARTE FORA DO CANON? 

Dª ASUNCIÓN BERNÁRDEZ RODAL. Profesora titular na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid (UCM). As súas principais líñas de investigación son os Estudos Feministas, de Xénero e Visuais e a Semiótica dos medios de masas, sobre os que ten publicado máis de cincuenta artígos académicos e diversos libros. Na actualidade é directora do Instituto de Investigacións Feministas da UCM.

18.40 H. AS CREBAS NA DERRADEIRA OBRA DE MARÍA MAZÁS

D. FRANCISCO X. FERNÁNDEZ NAVAL. Narrador e Poeta. Licenciado en Filosofía e Ciencia da Educación.  Premio Ánxel Casal, Asociación Galega de Editores 2014 polo ensaio ´O soño galego de Julio Cortázar´.  Premio Irmandade do Libro 2012 ao mellor libro en galego por ´A noite branca´. Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño 2010 por ‘Bater de sombras´. Premio Cidade de Ourense de poesía 1980 e 2007 por ´A fonte abagañada´ e ´Miño´. Premio Xerais de novela 1988 por ´O bosque das antas´.

19.20 H.  APRENDENDO CON MARÍA MAZÁS. 

D. MONCHO AMIGO. Escultor. Con obra escultórica instalada en boa parte da xeografía galega e internacional. Destacan o seu Diapasón en Ferrol, as Extramundi en Vigo, o Queimacasas en Balarés e a xa emblemática Caracola en A Coruña, punto máis occidental de España que conecta con Isla Mujeres, punto máis oriental de México, onde ten instalada a súa escultura Calidoscopio que recibe o primeiro raio de sol do amencer. A obra de Amigo está publicada en revistas de arte e arquitectura de toda Europa.

19.45 H.  BRINDE POR MAZÁS 

Performance musical, teatral e visual en homenaxe a María Mazás. 

Interveñen:  Silda Alfaro, actriz; Pepa Barreiro, actriz; María Costas, cantante e actriz; Raimund Dix, saxofonista; Nani Miras,  artista visual; Florence Ronfort, violoncellista; Sonia Rúa, actriz.