Demo

Chick Flick + Confio-te o meu corpo

  • Compañía: Impropias e Afonso Becerra
  • Procedencia: Galicia
  • Tipo: Teatro físico. Posdrama
  • Presentación: 2018

A Compañía

Compañía de mulleres cunha clara orientación cara ao teatro físico contemporáneo, a performance e o posdrama, desde unha perspectiva crítica e de xénero. Interésanos a relación directa co público desde unha posición descontraída e alegre. Gostamos da mestizaxe e da hibridación das modalidades escénicas: mimo, teatro documento, autoficción, danza contemporánea, simulacro, música, talk-show e todo aquilo que nos sirva para converter o palco nun lugar cheo de vida que poida aumentar a nosa percepción e tocar a nosa sensibilidade.

Sinopse

Catro chicas e un descoñecido, elegante. En vez de flores: bombóns, para todas. En vez dun baile agarrado: danza guerreira. E o rouge à lèvres, que os bicos borraron. En vez de papeis dramáticos: papel hixiénico e posdrama, para facer as nosas necesidades íntimas no báter e quedar limpas. En vez da arte do cinema, chick flick.

Ficha artística

  • Dramaturxia: Lidia Veiga, Raquel García, Chelo Todeschini e Irene Vicente.
  • Mirada externa: Afonso Becerra.
  • Actrices: Lidia Veiga, Raquel García, Chelo Todeschini, Irene Vicente e Javi Castiñeira.
  • Técnico de luz e son: Javi Castiñeira.

Destaques

Ao final do espectáculo realizarase un coloquio no que se presentará o libro "Confio-te o meu corpo" de Afonso  Becerra de Becerreá.

AFONSO BECERRA DE BECERREÁ

Dramaturgo e Director de escena. Doutor en Artes Escénicas pola UAB. Diplomado Superior en Arte  Dramática polo Instituto del Teatre de Barcelona.

Premio Alvaro Cunqueiro de textos teatrais por Agnus Patris.

Premio María Casares á Mellor Adaptación Teatral.

Pezas teatrais publicadas:
  • Textículos dramáticos e posdramáticos (2014)
  • Dramatículas (2010)
  • Cría-xénese (2007)
  • Agnus Patris (2002)
Ensaios publicados: 
  • Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro (2012)
  • Dramaturxia. Teoría e práctica(2007)
  • O ritmo na dramaturxia (2005)