Demo

Coloquios entre público e escena

  • Imparte: erregueté

A erregueté - Revista Galega de Teatro e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas-MITCFC, inician unha nova vía de colaboración coa vontade de ampliar as pontes entre público e escena. Nesta primeira edición celebraremos un dobre encontro coa creación galega presente na primeira fin de semana do programa. Os encontros, con formato de coloquio en sesión vermú,  contarán coa Taberna O Rincón como centro de operacións.

Sábado 30 de xuño ás 12.30h. Taberna O Rincón

Encontro do público co director e intérpretes do espectáculo  DIVINAS PALABRAS do CDG.

Modera  erregueté.                               

Luns 2 de xullo ás 12.30h. Taberna O Rincón

Encontro do público co director e intérpretes do espectáculo  A LEITUGA de Emedous Producións.

Modera  erregueté.